![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Mauremys_mutica_kami_Stuffed_specimen.jpg/640px-Mauremys_mutica_kami_Stuffed_specimen.jpg&w=640&q=50)
Mauremys mutica
especie de réptil / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Mauremys mutica é unha especie de tartaruga de tamaño medio (arredor de 19,5 cm), e semiacuática da familia Geoemydidae. Esta especie ten unha característica franxa amarela ancha que se estende detrás do ollo e no pescozo; a súa cuncha varía de cor dende o marrón a marrón agrisado e o plastrón é amarelo ou laranxa con manchas negras ó longo dos bordos exteriores.[2] Habita en Asia, e o seu hábitat esténdese polo Vietnam central cara ó norte pasando polas provincias do sur e o centro da China. Ademais, existen poboacións insulares en Taiwán, Hainan, nas illas Ryukyu e o Xapón.[3] Crese que as poboacións xaponesas poden ser debidas a introducións da especie dende Taiwán.[4]
Máis información Mauremys mutica, Estado de conservación ...
Mauremys mutica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Mauremys mutica kami no Museo Nacional de Ciencia do Xapón de Toquio. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() En perigo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Mauremys mutica (Cantor, 1842) | |||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||
|
Pechar