![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/Atlas_of_clinical_surgery%253B_with_special_reference_to_diagnosis_and_treatment_for_practitioners_and_students_%25281908%2529_%252814768289625%2529.jpg/640px-Atlas_of_clinical_surgery%253B_with_special_reference_to_diagnosis_and_treatment_for_practitioners_and_students_%25281908%2529_%252814768289625%2529.jpg&w=640&q=50)
Mastite
From Wikipedia, the free encyclopedia
A mastite[1] ou mamite[2] é un termo médico que se refire á inflamación da glándula mamaria de primates e a ubre noutros mamíferos. Dáse por unha obstrución dos condutos do leite. A mastite pode ser chamado tamén absceso subareolar, ectasia ductal, inflamación periductal ou doenza de Zuska.[3] Denomínase mastite puerperal cando ocorre en nais lactantes e non-puerperal no resto dos casos. A mastite raramente ocorre en homes ou animais machos. Pola súa similitude cos síntomas do cancro de mama, débese excluír un para o diagnóstico do outro.
Mastite | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() | |
MedlinePlus | mastitis |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A mastite é unha condición adoita en medicina veterinario, tomando nese campo, unha definición similar. Xeralmente afecta o gando bovino, causado por unha bacteria, endurecendo as mamilas do animal, do mesmo xeito que a ubre, cortando a subministración de leite e no seu lugar segregando un líquido amarelado e oloroso que a maioría das veces acompáñase de residuos de sangue. É quen de provocar a morte en casos moi severos.
Os microorganismos máis frecuentemente asociados a unha mastite son os estreptococos do grupo B, o Staphylococcus aureus e especies non tuberculosas do xénero Mycobacterium en humanos e o Arcanobacterium pyogenes que produce unha mastite bovina transmitida por moscas.