Masacre do Templo Maior
From Wikipedia, the free encyclopedia
O masacre do Templo Maior (ou masacre de Toxcatl) foi un episodio ocorrido o 22 de maio de 1520 no contexto da conquista de México, en que os españois masacraron os aztecas no momento en que estes facían unha cerimonia no Templo Maior aos deuses Tezcatlipoca e Huitzilopochtli.[1] O responsábel do masacre foi Pedro de Alvarado — alcumado Tonatiuh, O Sol polos mexicas, pois pensaba tratarse dunha cilada armada polos mexicas. Ao mesmo tempo, Hernán Cortés encontrábase na costa do golfo de México para combater a Pánfilo de Narváez que partira de Cuba coa misión de capturalo.