O masacre de Awa'uq,[1][2] masacre de Refuge Rock,[2] ou masacre de Wounded Knee de Alasca[3] foi un masacre perpetrado polo comerciante de peles ruso Grigori Xelihov, axudado por homes armados da Compañía Xelihov-Golikov, contra un grupo de indios alutiiq o 14 de agosto de 1784 durante a era do dominio ruso de Alasca. O ataque produciuse na illa Sitkalidak, preto de Old Harbor en Refuge Rock (Awa'uq, en alutiiq), ao sur da illa Kodiak, no arquipélago Kodiak.[4]

Thumb
O asentamento ou campamento de Grigori Xelihov na illa Kodiak.

En 1784, Grigori Xelihov, chegou á baía de Three Saints (preto da actual Old Harbor) na illa Kodiak, con dous barcos.[5] Os indíxenas koniaga da illa Kodiak (Qik’rtarmiut Sugpiat), unha nación de alutiiq nativos de Alasca, atacaron a expedición de Xelihov, que respondeu matando centos de persoas e facendo reféns para subxugar os outros. (Xelihov dixo ter feito máis de 1000 presos, mantendo 400 como reféns).[6] Este masacre permite dominar as illas do archipélago. Estabelecendo a súa autoridade na illa de Kodiak, Xelihov fundou o segundo asentamento permanente ruso en Alasca (tras Unalaska) na illa, na baía de Three Saints.[6][7] O primeiro asentamento permanente por parte de Rusia estabeleceuse en 1784, cando Grigori Xelihov fundou unha colonia na illa de Kodiak, na baía de Three Saints.

Segundo outras fontes, os promyshlenniki rusos (os cazadores e comerciantes de peles) mataron 500 homes, mulleres e nenos en Refuge Rock,[8] aínda que algunhas fontes aumentan o número a 2000 vítimas,[6] e outras até 2 500-3 000 mortes.[9][10]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.