![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Relative_star_sizes.svg/langgl-640px-Relative_star_sizes.svg.png&w=640&q=50)
Masa de Xúpiter
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Masa de Xúpiter (Mx ou MXUP) é a unidade de masa que é equivalente á masa total do planeta Xúpiter (1,8986 x 1027 kg, 317,83 masas terrestres;[1] unha masa da Terra equivale a 0,00315 masas de Xúpiter). A masa de Xúpiter usase para expresa-las masas dos xigantes gasosos, coma os planetas exteriores e os planetas extrasolares. Tamén é usado para expresa-la masa das ananas marróns.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Relative_star_sizes.svg/320px-Relative_star_sizes.svg.png)
Os exoplanetas máis masivos son xeralmente descritos en termos de masas de Xúpiter xa que isto proporciona unha escala moi cómoda para comparar. Un planeta cunha masa de Xúpiter a unha distancia orbital de 1 UA respecto dunha estrela semellante ó Sol, provoca un cambio de amplitude de 28 m/s, que é detectable coa tecnoloxía actual.[2] Os planetas máis facilmente detectables a través das medicións da velocidade radical teñen moita masa e orbitan moi preto da súa estrela nai. Isto produce un efecto de selección para os planetas con masas semellantes a de Xúpiter. Por outra banda, os planetas con masas superiores a de Xúpiter son detectables máis facilmente con outros métodos, coma os tránsitos ou as microlentes.[3]
Un planeta cunha masa de Xúpiter pode non ter as mesmas dimensións cá Xúpiter. Calcúlase que masa teórica mínima dunha estrela pode ser, e que aínda estea sometida á fusión do hidróxeno no seu núcleo, dunhas 75 veces a masa de Xúpiter, mentres que a fusión do deuterio pode ocorrer o redor de masas tan baixas coma as 13 masas de Xúpiter.[4][5][6]
No Sistema Solar, ás veces, as masas dos planetas exteriores son expresadas en masas de Xúpiter.
Unha masa de Xúpiter pode ser convertida a outras unidades relativas:
- 25.839 masa lunar (ML)
- 317,83 masa terrestre (M⊕)[1]
- 0,0009546 masa solar (Ms)