![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Diagram_of_Blastocyst_stage.png/640px-Diagram_of_Blastocyst_stage.png&w=640&q=50)
Masa celular interna
From Wikipedia, the free encyclopedia
A masa celular interna[1][2] (MCI) do blastocisto,[3] tamén chamada embrioblasto (coñecido como pluriblasto en marsupiais) é unha estrutura que aparece nas etapas iniciais do desenvolvemento do embrión. É a masa de células que está dentro do blastocisto que dará lugar ás estruturas defintivas do feto. A masa celular interna fórmase nas etapas temperáns do desenvolvemento embrionario, previas á implantación no endometrio do útero.[4] A masa celular interna está totalmente rodeada por unha soa capa de células trofoblásticas, que constitúen o trofoectoderma. Posteriormente, no oitavo día de desenvolvemento, a masa celular interna ou embrioblasto diferénciase en dúas capas: epiblasto e hipoblasto.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Diagram_of_Blastocyst_stage.png/640px-Diagram_of_Blastocyst_stage.png)
.