From Wikipedia, the free encyclopedia
María de Villota Comba, nada en Madrid o 13 de xaneiro de 1980 e finada en Sevilla o 11 de outubro de 2013, foi unha piloto española de coches de carreiras. Era filla do expiloto de Fórmula 1 Emilio de Villota e irmá de Emilio de Villota Jr., quen do mesmo xeito que a súa irmá competiu na Formula Palmer Audi.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María de Villota Comba 13 de xaneiro de 1979 Madrid, España |
Morte | 11 de outubro de 2013 (34 anos) Sevilla, España |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Pai | Emilio de Villota |
Irmáns | Emilio de Villota, Jr. |
Cronoloxía | |
3 de xullo de 2012 | accidente de coche (Duxford Aerodrome (en) ) |
Premios | |
| |
Páxina web | legadomariadevillota.com |
De Villota competiu na World Touring Car Championship e nas ADAC Procar Series. En agosto de 2009, asinou un contrato co Atlético de Madrid polo resto da tempada na Superleague Formula.
O 18 de agosto de 2011, o equipo Lotus Renault GP confirmou que De Villota fixera unha proba de debut na Fórmula 1 nun Renault R29 no circuíto Paul Ricard, e estaban en conversacións para conseguir un asento como piloto de probas na F1,[1]. En decembro reiterou o seu desexo de traballar co equipo en 2011, engadindo que estaba en conversacións avanzadas para o papel de terceiro piloto.[2]
O 7 de marzo de 2012, anunciouse que María de Villota uniuse a Marussia F1 Team como piloto de probas,[3] coa oportunidade de probar o coche de F1 a finais de ano.[4]
O 3 de xullo de 2012 sufriu un grave accidente no aeródromo de Duxford (Cambridgeshire, Reino Unido) mentres realizaba unhas probas de aerodinámica para o seu equipo. A súa vida chegou a correr serio perigo, pero tras unha rápida intervención dos servizos de urxencia estabilizóuselle. Desafortunadamente, a causa do accidente, María perdeu o ollo dereito. O accidente tivo lugar por un sistema que teñen os coches de F1. Cando o motor alcanza un nivel de revolucións baixo, o sistema aumenta as revolucións ao 50% da potencia actual. O accidente ocorreu cando o coche de María estaba ao ralentí e chocou contra un tráiler aparcado a pé de pista e coa rampla a media altura o que fixo que o accidente fóra de maior gravidade.[5] Pouco máis dun ano despois do accidente é atopada morta nun hotel de Sevilla, días antes de pronunciar unha conferencia e de presentar o seu libro La vida es un regalo.[6]
Ano | Club | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | Posición | Puntos | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Atlético Madrid | Alan Docking Racing | MAG | ZOL | DON | EST | MOZ | JAR | 15º | 202 | ||||||
14 | 13 | 14 | 10 | 17 | 7 |
Ano | Club | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Atlético Madrid Alan Docking Racing |
MAG | ZOL | DON | EST NSC |
MOZ N/A |
JAR NSC |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.