xornalista e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Dolores Pan Lesta, nada na Coruña en 1975,[1] é unha política e xornalista galega, alcaldesa de Cambre.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) A Coruña, España |
Alcaldesa de Cambre | |
2024 – ← Óscar García Patiño | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política , xornalista |
Lingua | Lingua galega |
Licenciouse en Socioloxía pola Universidade da Coruña en 1998 e continuou os estudos cun posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas na Universidade de Santiago de Compostela (1999). Traballou como xornalista nun medio local, na comarca da Coruña, El Entorno Metropolitano, ata 2017.
Pan, que vivía en Meixigo, comezou no movemento veciñal da aldea[2]. Logo foi nas listas de UxC, un partido progresista de ámbito local, ás eleccións municipais de 2019 en Cambre e saíu elixida concelleira, co que tomou parte do equipo de goberno. Nas eleccións municipais de 2023 foi de segunda logo do alcalde, Óscar García Patiño e encargouse da concellería de Facenda e de Réxime Interno no novo goberno de coalición.
En marzo de 2024, o alcalde García Patiño dimitiu para buscar unha saída a un conflito administrativo e de pagamentos que o enfrontaba ao funcionariado municipal. A asemblea de UxC escolleuna como substituta de García Patiño[2]. Finalmente, unha vez elixida a concelleira substituta de García Patiño[2], foi escollida alcaldesa cos votos do seu partido (7) máis unha exconcelleira do PP mentres o resto dos grupos, PSdeG-PSOE, que apoiara ao anterior alcalde, BNG e Alternativa dos Veciños abstivéronse.[1] O PP votou a súa candidata, conseguindo 4 votos.
Predecesor: Óscar García Patiño |
Alcaldesa de Cambre 2024 - |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.