From Wikipedia, the free encyclopedia
María Paleóloga (en serbio: Марија Палеолог, Marija Paleolog), finada o 7 de abril de 1355, foi a raíña consorte de Estevo Uroš III Dečanski de Serbia. Era a filla do panipersebasto Xoán Paleólogo, e sobriña neta do emperador Andrónico II Paleólogo. O seu avó materno foi o gran logóteta Teodoro Metoquites.
Nome orixinal | (el) Μαρία Παλαιολογίνα |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XIV |
Morte | 7 de abril de 1355 (Gregoriano) |
Lugar de sepultura | Skopje |
Actividade | |
Ocupación | monxa cristiá |
Outro | |
Título | Raíña |
Familia | Dinastía Paleólogo |
Cónxuxe | Jovan Oliver (1336 (Gregoriano)–) Estevo Uroš III Dečanski (1324 (Gregoriano)–) |
Fillos | Jelena Nemanjić Šubić () Estevo Uroš III Dečanski Simeón Uroš () Estevo Uroš III Dečanski Theodora Nemanjić () Estevo Uroš III Dečanski |
Pais | João Paleólogo e Irene |
Irmáns | Q60925781 |
O seu pai era o gobernador de Tesalónica a principios dos anos 1320. Estevo Uroš III anteriormente estivera casado con Teodora de Bulgaria, pero o matrimonio terminou na morte de Teodora o 20 de decembro de 1322. Uroš III casou con María en 1324. O matrimonio da parella real durou até a morte do seu esposo. Estevo Uroš III foi derrotado polo seu fillo Estevo Uroš IV Dušan (do matrimonio con Teodora) en 1331, e pouco despois morreu en Zvečan (1332). A relación entre o pai e o fillo fora mala, a usurpación foi incitada pola «nova» nobreza. María tratou de reafirmar o trono para o seu fillo Simeón, mediante a axuda bizantina, pero isto non tivo éxito. María tomou os votos monásticos como Marta, e en 1348, Simeón converteuse no gobernador das provincias do sur do Imperio serbio. María morreu o 7 de abril de 1355, e foi enterrada en Skopje.
Tivo un fillo e dúas fillas polo seu matrimonio con Estevo Uroš III:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.