From Wikipedia, the free encyclopedia
María Luísa de Habsburgo-Lorena, máis coñecida como María Luísa de Austria (María Ludovica Leopoldina Francisca Teresa Xosefa Lucía; en alemán, Maria Ludovica Leopoldina Franziska Therese Josepha Lucia von Habsburg-Lothringen; en francés, Maria Ludovica Leopoldina Francisca Theresa Josepha Lucia de Habsbourg-Lorraine; en italiano, Maria Luigia d’Asburgo-Lorena, Duchessa di Parma, Piacenza e Guastalla), nada en Viena, Austria, o 12 de decembro de 1791 e finada en Parma, Ducado de Parma, Italia, o 17 de decembro de 1847, foi arquiduquesa de Austria, emperatriz consorte de Francia en dúas ocasións e, posteriormente, duquesa de Parma, de Piacenza e de Guastalla.
María Luísa naceu en Viena o 12 de decembro de 1791, e era filla do emperador o Sacro Imperio Romano Xermánico Francisco II e da súa segunda esposa María Teresa das Dúas Sicilias.
Sendo a maior dos fillos do emperador Francisco, María Luísa creceu durante un período de conflito continuo entre Austria e a Francia revolucionaria. Unha serie de derrotas militares infrinxidas por Napoleón Bonaparte provocaran un alto custo humano en Austria.
O ano 1806 o emperador Francisco suprimiu, por presións de Napoleón, a entidade do Sacro Imperio Romano Xermánico, fundado en 843 e que tiña, por tanto, practicamente un milenio de historia. A súa supresión e a reestruturación de Alemaña coa supresión do territorios eclesiásticos (1803), supuxo o redeseño de Alemaña baixo os auspicios de Napoleón Bonaparte. O emperador Francisco converteuse en emperador de Austria (como Francisco I) e obtivo diferentes territorios secularizados, entre os que destaca o Bispado de Salzburgo.
Ao final da guerra da Quinta Coalición acordouse o matrimonio de Napoleón e María Luísa en 1810, que marcou o comezo dun breve período de paz e amizade entre Austria e o Imperio Francés. Así, converteuse na segunda esposa de Napoleón, xa que Xosefina de Beauharnais non lle podía dar un fillo, herdeiro ao trono; ademais, Napoleón estaba ansioso por casar cun membro dunha das principais casas reais de Europa para consolidar o seu imperio, tan novo, como era a dos Habsburgo, e para que así o seu futuro herdeiro tivera menos dificultades de aceptación entre os demais monarcas europeos.
María Luísa, obedientemente, aceptou o matrimonio a pesar do seu elevado desprezo a Francia. Foi unha boa esposa, adorada por Napoleón. Tiveron un fillo, Napoleón II que, fugazmente, sucedeu ao seu pai.
Pero a fortuna de Napoleón comezou a cambiar en 1812 despois da súa errada invasión de Rusia. As potencias europeas, entre elas Austria, retomaron as hostilidades contra Francia na guerra da Sexta Coalición, que terminou coa abdicación de Napoleón e o seu exilio en Elba.
Polo tratado de Fontainebleau de 1814 entregáronse os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla á emperatriz María Luísa, que gobernou estes ducados a até a súa morte.
Ao ser confinado Napoleón na illa de Elba, María Luísa e o seu fillo marcharon a Austria, onde residiron baixo a tutela do emperador Francisco I, seu pai.
María Luísa conservou o título de emperatriz dos franceses. En 1814 fóronlle asignados os ducados italianos de Parma, Piacenza e Guastalla, que lle foron confirmados no Congreso de Viena, e que ostentaría até a súa morte.
María Luísa deixou ao seu fillo en Viena e marchou a Parma co seu amante o conde Adam Adalbert von Neipperg, escudeiro que coñecera en 1814 e con quen tivo varios fillos (dous lexítimos, despois de casar con el tras a morte de Napoleón en 1821.
Tivo dous fillos ilexítimos:
Tras contraer matrimonio o 7 de setembro de 1821 (catro meses despois de quedar viúva), tivo outros dous, lexítimos.
Ao enviuvar de Neipperg en 1829, caso en terceiras nupcias co aristócrata [[Charles René de Bombelles, conde de Bombelles, administrador ou chambelán enviado pola corte de Viena. Non tiveron fillos.
María Luísa morreu en Parma o 17 de decembro de 1847.
Predecesor: Jean Jacques Régis de Cambacérès (titular, como parte de Francia) |
Duquesa de Parma 1814–1847 |
Sucesor: Carlos II de Parma |
Predecesor: Charles-François Lebrun (titular, como parte de Francia) |
Duquesa de Piacenza 1814–1847 |
Sucesor: Carlos II de Parma |
Predecesor: Parte de Francia |
Duquesa de Guastalla 1814–1847 |
Sucesor: Cedida a Módena |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Luísa de Austria |
.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.