industrial e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Carmen González Quintela, nada en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1957, é unha política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Sobradelo, España |
Alcaldesa de Carballeda de Valdeorras | |
1991 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Carballeda de Valdeorras |
Ocupación | política |
Estivo na oposición do concello de Carballeda de Valdeorras durante oito anos encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE. En 1991 foi elixida alcaldesa como cabeza da lista máis votada. En 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, e foi designada deputada provincial. En setembro de 1997 abandonou o PSdeG xunto coa práctica totalidade do seu grupo de goberno, por mor das súas discrepancias coa dirección do partido en torno á elaboración das candidaturas para as eleccións autonómicas dese ano. Negouse a renunciar como deputada provincial, pese ás peticións dos seus excompañeiros, e pasou a formar parte do grupo mixto da Deputación.
Constitueu a formación independente Unión de Carballeda de Valdeorras, á fronte da cal revalidou a alcaldía en 1999, 2003 e 2007, en tódalas ocasións con maioría absoluta.
Nas municipais de 2011 encabezou a lista do PPdeG e volveu a acadala alcaldía con maioría absoluta. Volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta polo PPdeG en 2015, 2019 e 2023. Nese último ano foi designada deputada provincial.[1]
Predecesor: Luis Antonio Cuadrado |
Alcaldesa da Carballeda de Valdeorras 1991 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.