Mary Toft
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Toft, nada como Mary Denyer e tamén coñecida como Mary Tofts, nada c. 1701 en Goldaming, Surrey e finada en 1763, foi unha muller inglesa que no ano 1726 provocou unha controversia considerable ó enganar a varios médicos facéndolles crer que dera luz a coellos.
Gravado baseado no retrato feito por John Laguerre en 1726 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Mary Denyer c. 1701 Godalming, Surrey |
Morte | 1763 (62 anos) Godalming (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Coñecido por | Engano e escándalo médico |
Actividade | |
Ocupación | aventureira |
Lingua | Lingua inglesa |
En 1726 Toft quedou embarazada, pero segundo a súa propia declaración, tivo un aborto tras quedar fascinada ó ver a un coello. A súa afirmación de ter expulsado do seu corpo varias partes animais levou a que John Howard, un cirurxián local, investigase o suceso. Howard obtivo varios anacos de carne animal e notificou a outros médicos prominentes do momento, chegando o caso ata os oídos de Nathaniel St. André, cirurxián da corte do rei Xurxo I. St. André chegou á conclusión de que o caso de Toft era xenuíno, mais o rei enviou tamén o cirurxián Cyriacus Ahlers a que revisase o caso. Toft adquiriu certa fama e foi trasladada ata Londres para que os médicos estudasen alí o seu caso. Tras un intenso escrutinio dos doutores, e sen que ela chegase a expulsar máis partes animais, Toft confesou finalmente o engano e foi levada a prisión por fraude.
A burla pública resultante xerou pánico entre a profesión médica e arruinou a carreira de varios cirurxiáns prominentes. O suceso foi satirizado en varias ocasións, destacando nas obras do debuxante e crítico social William Hogarth, que criticou de forma notable a credulidade da profesión médica neste caso. Toft foi eventualmente liberada sen cargos, e volveu ó seu fogar onde pasou o resto da súa vida.