Mary Mallon
cociñeira irlandesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Mallon, nada en Cookstown o 23 de setembro de 1869 e finada en Nova York o 11 de novembro de 1938, coñecida como Typhoid Mary (María Tifoide ou María a Tifosa), foi unha cociñeira irlandesa, a primeira persoa nos Estados Unidos identificada como portadora sa ou asintomática dos patóxenos asociados coa febre tifoide (Salmonella Typhi e Salmonella Paratyphi A e B).[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1869 Cookstown, Reino Unido (en) |
Morte | 11 de novembro de 1938 (69 anos) North Brother Island, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Saint Raymonds Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cociñeira |
Lingua | Lingua inglesa |
Pechar
Non se sabe cantas persoas infectou no transcurso da súa carreira como cociñeira.[2] Foi posta en corentena en dúas ocasións polas autoridades de saúde pública e faleceu despois de case tres décadas en corentena total.[3][4]