astrónoma británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Adela Blagg, nada en Cheadle (Inglaterra) o 17 de maio de 1858 e finada o 14 de abril de 1954,[1] foi unha astrónoma británica, dedicada principalmente a temas lunares.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1858 Cheadle, Reino Unido (pt) |
Morte | 14 de abril de 1944 (85 anos) Cheadle, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | cardiopatía |
Actividade | |
Ocupación | astrónoma, cartógrafa |
Membro de | |
Familia | |
Pais | Charles John Blagg e Frances Caroline Blagg |
Premios | |
|
Estudou álxebra e alemán e elaborou unha lista de tódolos obxectos lunares. Unha vez publicou diversos artigos ingresou (xunto con outras catro mulleres, por primeira vez) na Real Sociedade Astronómica. Tamén formou parte da Unión Astronómica Internacional, onde elaborou un nomenclátor lunar (sistema uniforme de nomenclatura, xa que os mapas lunares discrepaban enormemente). Publicou Named Lunar Formations xunto con Karl Müller que é a referencia estándar neste tema.[2]Traballou noutros aspectos como o das estrelas variábeis publicando dez artigos na Royal Astronomical Society e fixo unha análise de Fourier da lei de Bode.
Por outra banda, foi voluntaria, por exemplo, atendendo nenos refuxiados belgas durante a primeira guerra mundial. Como recoñecemento, o cráter lunar Blagg leva o seu nome na súa honra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.