From Wikipedia, the free encyclopedia
Margy Reed,[1][2] nada en Butte, Montana, o 27 de agosto de 1916 e finada nos Ánxeles o 19 de outubro de 1994, foi unha actriz cómica e cantante estadounidense coñecida como Martha Raye e alcumada The Big Mouth. Actuou en filmes e na televisión, así como en obras de Broadway.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1916 Butte, Estados Unidos de América |
Morte | 19 de outubro de 1994 (78 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Fort Bragg Main Post Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Professional Children's School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme, canto e Actuación |
Ocupación | actriz , actriz de televisión , actriz de cinema , actriz de teatro , cantante , humorista |
Período de actividade | 1934 - |
Partido político | Partido Republicano |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido (1991–1994), morte da persoa valor descoñecido (1956–1960), divorcio valor descoñecido (1954–1956), divorcio valor descoñecido (1944–1953), divorcio valor descoñecido (1941–1944), divorcio David Rose (1938–1941), divorcio Bud Westmore (1937–1937), divorcio |
Premios | |
|
O pai de Raye, Peter F. Reed Jr., era un inmigrante irlandés e a súa nai , Maybelle Hazel (Hooper) Reed, criouse en Milwaukee e Montana.[4] Ambos actuaban nun teatro local de vaudeville baixo o nome de "Reed and Hooper".[5] A primeira aparición de Martha en escena tivo lugar aos tres anos de idade. Actuaba xunto ao seu irmán Bud, e os dous nenos acadaron tal éxito que o número pasou a chamarse "Margie and Bud". Especúlase que a canción de Judy Garland "I was born in a trunk", interpretada no filme A Star Is Born, estaba inspirada nos inicios de Raye.
Continuou a actuar mentres estuaba na Professional Children's School de Nova York, mais a súa instrución non chegou a destacar.
A principios da década de 1930, Raye era cantante das orquestras de Paul Ash e Boris Morros. A súa primeira actuación no cinema chegou en 1934 nunha curtametraxe titulada A Nite in the Nite Club. En 1936 asinou un contrato con Paramount Pictures para interpretar papeis cómicos. A súa primeira longametraxe foi Rhythm on the Range, filme en que actuou Bing Crosby. Nos seguintes vinte e seis anos actuou xunto aos mellores humoristas do momento, incluídos Joe E. Brown, Bob Hope, W.C. Fields, Bud Abbott e Lou Costello, Charlie Chaplin e Jimmy Durante.
Tralo inicio da segunda guerra mundial uniuse á United Service Organizations.[6][7] Ademais de nesta contenda, viaxou coa USO entretendo as tropas durante a guerra de Corea e a guerra de Vietnam.
Raye foi unha das primeiras estrelas televisivas nos inicios do medio; durante un tempo tivo un programa propio, The Martha Raye Show (1954-1956), en que estaba acompañaba do boxeador retirado Rocky Graziano. Outras estrelas que actuaron no seu programa foron Zsa Zsa Gabor e Cesar Romero. Tamén interveu noutros programas na década de 1950, como "What's My Line?". Trala desaparición do seu programa e diversos problemas de saúde unidos á rotura do seu quinto matrimonio, a artista intentou suicidarse empregando hipnóticos o 14 de agosto de 1956.
En 1970 foi Boss Witch na longametraxe Pufnstuf, producido por Sid e Marty Krofft. Grazas a este papel foi escollida para interpretar a Benita Bizarre en The Bugaloos (1970), producida tamén por Krofft.
Actuou con frecuencia como convidada noutros programas, particularmente naqueles en que participaban actores de idade como a serie da ABC The Love Boat ou programas de variedades como The Roy Rogers and Dale Evans Show, tamén da ABC. Así mesmo, interpretou durante dous anos a nai de Mel Sharples na serie da CBS Alice. Outras series en que traballou ou fixo cameos foron Murder, She Wrote, da CBS, e The Andy Williams Show e McMillan and Wife, ambas da NBC.
Nos seus últimos anos, Raye sufriu diversos problemas de saúde. Padecía alzhéimer e perdeu ambas as pernas en 1993 por mor de problemas circulatorios. Faleceu por unha pneumonía en 1994. Tiña 78 anos de idade e residía nos Ánxeles no momento da súa morte. Debido ao seu traballo coa USO, considerouse darlle sepultura no Cemiterio Nacional de Arlington, aínda que finalmente a petición súa foi soterrada con honras militares en Fort Bragg, Carolina do Norte.
Raye recibiu na 41ª edición dos Óscar en 1969 o Premio Humanitario Jean Hersholt polos seus esforzos e servizos ás tropas.
O 2 de novembro de 1993, Raye foi galardoada coa Medalla Presidencial da Liberdade, concedida polo presidente Bill Clinton en consideración aos seus servizos ao país.[6][7]
Raye ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood, unha no 6251 de Hollywood Boulevard pola súa dedicación ao cinema, e outra no 6547 pola súa actividade televisiva.
A vida persoal de Raye foi complexa e emocionalmente tumultuosa.[8] Casou en sete ocasións.
Os seus maridos foron:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.