Martha Graham
From Wikipedia, the free encyclopedia
Martha Graham, nada en (Pittsburgh, Pensilvania, o 11 de maio de 1894 e finada en Manhattan, Nova York, o 1 de abril de 1991), foi unha bailarina e coreógrafa estadounidense considerada como unha das grandes pioneiras da danza contemporánea.[1]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
A súa influencia na danza é equiparada á que tivo Picasso nas artes plásticas, Stravinskii na música ou Frank Lloyd Wright na arquitectura.[2]
A súa carreira prolóngase durante setenta anos e foi a primeira bailarina en actuar na Casa Branca dos Estados Unidos, a primeira tamén en ser embaixadora cultural e en recibir o recoñecemento civil máis importante dos Estados Unidos, a Medalla da Liberdade.