Marshall Space Flight Center
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Centro Marshall de voos espaciais (George C. Marshall Space Flight Center, MSFC, en inglés) a sede orixinal da NASA, é un centro para dirixir a propulsión do transbordador espacial, o combustible do tanque externo do transbordador espacial, o adestramento de astronautas e as cargas, o deseño e construción da Estación Espacial Internacional (ISS), ademais do control das computadoras, as redes, e a información. Localizado en Redstone Arsenal en Huntsville, Alabama, o MSFC foi nomeado en honra do xeral George Marshall.
Marshall Space Flight Center | |
---|---|
Acrónimo | MSFC |
Tipo | NASA facility, instituto de investigación, centro de investigación e space center |
Data de fundación | 1 de xullo de 1960 |
Organización matriz | NASA |
Sede | Redstone Arsenal e Alabama |
En | Condado de Madison |
País | Estados Unidos de América |
34°39′03″N 86°40′22″O | |
Na rede | |
https://www.nasa.gov/centers/marshall/home/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O centro tamén contén o Huntsville Operations Support Center (HOSC) que é unha instalación que apoia os lanzamentos do transbordador, as cargas e as actividades experimentais no Kennedy Space Center en Florida, os lanzamentos cara a ISS e operacións de experimentación. O HOSC ademais monitoriza os lanzamentos de foguetes desde a estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral cando unha carga do Marshall Center vai a bordo.