Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral
porto espacial estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS, polas súas siglas en inglés Cape Canaveral Space Force Station) é unha instalación da 45.ª Ála Espacial (45 SW, do inglés Space Wing) da Forza Espacial dos Estados Unidos,[1] con sede na próxima Base da Forza Espacial Patrick. Localizada en cabo Cañaveral no estado de Florida, a CCSFS é o principal lugar de lanzamentos de mísiles do rango leste.[2] A base Patrick proporciona os cuarteis xerais e as funcións de apoio para o 45 SW, así como un aeródromo, liderado loxístico no aire e as funcións de apoio completo propias dunha base da forza aérea. Ademais das instalacións na base Patrick, a CCSFS tamén ten o seu propio aeródromo separado, o Cape Canaveral AFS Skid Strip, que proporciona unha pista de 10 000 pés (3 km)[3] próxima ós complexos de lanzamento para o uso de avións militares que leven as enormes e pesadas cargas útiles ata o cabo.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Florida | |||
Condado | Condado de Brevard (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 5 km² | |||
Creación | 1949 | |||
Fito histórico nacional | ||||
Data | 16 de abril de 1984 | |||
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | ||||
Tipo | distrito | |||
Data | 16 de abril de 1984 | |||
Identificador | 84003872 | |||
Páxina web | patrick.spaceforce.mil |
Ademais, a CCSFS está situada xunto ó Centro espacial John F. Kennedy da NASA na illa Merritt, coas dúas instalacións conectadas por pontes e pasos elevados.