From Wikipedia, the free encyclopedia
David Mark Rylance Waters, nado en Ashford (Kent) o 18 de xaneiro de 1960 é un actor director e dramaturgo inglés coñecido como Mark Rylance.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1960 (64 anos) Ashford, Reino Unido (pt) |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1980) University School of Milwaukee (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, directing (en) e Drama |
Ocupación | dramaturgo, director teatral, actor de cinema, actor de teatro, actor de televisión |
Período de actividade | 1980 - |
Familia | |
Cónxuxe | Claire van Kampen (1989–) |
Irmáns | Susannah Waters |
Parentes | Juliet Rylance, fillastra |
Premios | |
| |
Páxina web | markrylance.co.uk |
Fillo de Anne Skinner e David Waters, profesores de inglés, mudouse con eles a Connecticut en 1962 e a Wisconsin en 1969. O seu pai era profesor na Escola Universitaria de Milwaukee, á que asistiu Rylance. Traballou en moitas obras teatrais da escola co director Dale Gutzman, incluíndo o papel protagonista de Hamlet en 1976.[1]
Elixiu como nome artístico o de Mark Rylance porque a súa elección inicial, Mark Waters, xa estaba rexistrada. En 1982 e 1983 actuou coa Royal Shakespeare Company (RSC) en Stratford-upon-Avon e Londres. En 1990 fundou a súa propia compañía teatral, "Phoebus' Cart", coa que se converteu na súa dona, Claire van Kampen
Como actor de cinema destacou en filmes como Intimacy (2001). En outubro de 2015 estreou Bridge of Spies, dirixido por Steven Spielberg, co que logrou boas críticas e gañou varios premios.[2]
En 1995 converteuse no primeiro director artístico do teatro Shakespeare's Globe, posto que mantivo ata 2005. En 2013 o teatro levou a Broadway dúas producións con elencos masculinos. Rylance gañou o Tony pola súa interpretación de Olivia en Twelfth Night e foi candidato por interpretar a Ricardo III na obra homónima.
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1985 | The McGuffin | Gavin | |
1987 | Hearts of Fire | Fizz | |
1991 | The Grass Arena | John Healy | BBC Radio Times Award for Best Newcomer |
1991 | Prospero's Books | Ferdinand | |
1995 | Institute Benjamenta | Jakob von Gunten | |
1995 | Anxos e insectos | William Adamson | |
2000 | William Shakespeare | Director artístico | Shakespeare's Globe |
2001 | Intimacy | Jay | |
2008 | The Other Boleyn Girl | Thomas Boleyn | |
2011 | Blitz | Bruce Roberts | |
2011 | Anonymous | Henry Condell | |
2013 | Days and Nights | Stephen | |
2015 | The Gunman | Cox | |
2015 | Bridge of Spies | Rudolf Abel | |
2016 | The BFG | The BFG |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.