actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Victoria Bilbao-Goyoaga Álvarez, máis coñecida como Mariví Bilbao, nada en Bilbao o 22 de xaneiro de 1930 e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2013, foi unha actriz vasca, especialmente famosa polos seus papeis de Marisa Benito en Aquí no hay quien viva e Izaskun Sagastume en La que se avecina.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Victoria Bilbao-Goyoaga Álvarez 22 de xaneiro de 1930 Bilbao, España |
Morte | 3 de abril de 2013 (83 anos) Bilbao, España |
Outros nomes | Ángelo Valverde |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1959 - 2013 |
Premios | |
|
Naceu en Bilbao en 1930. Iniciouse moi pronto como actriz de teatro participando en montaxes co grupo de Cultura Hispánica de Bilbao e co grupo Akelarre, do cal foi fundadora. Segundo a propia actriz, nos seus comezos nunca actuou co seu nome: "Bilbao era un pobo. Como para aparecer na ficha dunha estrea no xornal; o meu pai mátame". Por iso actuou baixo o nome de Ángela Valverde.[1]
Debutou no cine con papeis protagonistas nas curtametraxes La interrogación de F. Bardají e Playa insólita (1962), de Javier Aguirre, Irrintzi (1978), de Mirentxu Loyarte e Agur Txomin (1979), de Juanma Ortuoste e Javier Rebollo.
En 1981, cun personaxe de relevo en Siete Calles, de Juanma Ortuoste e Javier Rebollo, cineastas aos que a actriz estivo vinculada ao longo da súa traxectoria, do mesmo xeito que na súa última etapa estívoo a Daniel Calparsoro. Interpretaba o seu primeiro papel nunha longametraxe e a partir dese momento converteuse nunha das máis solventes e eficaces actrices secundarias do cine de Euskadi, lugar no que se centrou practicamente toda a súa carreira cinematográfica.
Como recoñecemento á súa traxectoria profesional, a Asociación de Actores Vascos concedeulle o premio El Abrazo (1996) e o xornal El Mundo o premio Séller, V Edición (1997).
Pero a popularidade débella ao seu papel de Marisa Benito na serie de éxito Aquí no hay quien viva de Antena 3 xunto a Emma Penella e Gemma Cuervo, onde traballou durante máis de tres anos ás ordes de Alberto. En 2007 estreou unha nova serie co mesmo equipo técnico e artístico, aínda que con distintos personaxes e emitida por Telecinco, La que se avecina, na que interpretaba a Izaskun Sagastume.
Ata esta data e ao longo de moitísimos anos colaborou de xeito continúa en diversos programas e series con Euskal Telebista, a televisión autonómica vasca.
En 2006 foi elixida por votación popular como pregoeira das festas da Semana Grande de Bilbao.
En marzo de 2007 acudiu á 79ª entrega dos premios Óscar, ao estar nomeada o curto Eramos pocos, de Borja Cobeaga, que protagonizou xunto a Ramón Barea. Esta era a súa segunda colaboración nunha curtametraxe do cineasta donostiarra, xa que fai dous anos antes rodara baixo as súas ordes o curto La primera vez, gañando o premio á mellor actriz dos Festivais de Ourense e Málaga. Tamén acudiu á Mostra de Venecia con Alumbramiento, de Eduardo Chapero-Jackson, gañando o León de Ouro ao mellor curto europeo, na Sección Oficial Curto Curtísimo.
O 14 de xuño de 2008 recibiu o premio Cidade de Huesca no Festival Internacional de Cine de Huesca, en recoñecemento á súa traxectoria profesional como actriz.
Foi tamén unha habitual colaboradora da campaña Móllate pola esclerose múltiple que se celebra anualmente en apoio aos afectados pola esclerose múltiple no País Vasco e na que traballan outros rostros famosos como Iñaki Gabilondo, Unax Ugalde, Igor Yebra e Borja Cobeaga.
En 2012 anunciou a súa retirada da televisión e da serie La que se avecina, aínda que deixou aberta a porta a gravar anuncios.[2]
O 3 de abril de 2013 faleceu na súa casa de Bilbao por causas naturais e en compañía da súa familia.[3]
Estivo casada dúas veces, unha delas co artista e crítico de arte Javier Urquijo (1939-2003),[4] e ten unha filla, que é decoradora.[5]
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actriz de televisión | Aquí no hay quien viva | Candidata |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actriz secundaria de televisión | Aquí no hay quien viva | Gañadora |
2003 | Mellor actriz secundaria de televisión | Aquí no hay quien viva | Candidata |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor interpretación femenina | Aquí no hay quien viva | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2001 | Biznaga de Prata (Curtametraxes): Mellor interpretación femenina | La primera vez | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Premio AISGE: Mellor interpretación femenina | La primera vez | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actriz]br>(ex aequo con Cristina Plaza) | Alumbramiento | Gañadora(s) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.