Marisma salina
ecosistema mariño / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha marisma salina, marisma salgada ou marisma de marea é un ecosistema marino na zona intermareal superior costeira entre a terra e as augas salgadas abertas ou augas salobres, que queda regularmente asolagada pola subida da marea. Está dominada por densos conxuntos de plantas tolerantes ao sal como moitas plantas herbáceas, herbas ou arbustos baixos.[1][2] Estas plantas son de orixe terrestre e son esenciais para a estabilidade das marismas salinas para atrapar e pegar os sedimentos. As marismas salinas xogan un gran papel na rede trófica acuática e a na subministración de nutrientes ás augas costeiras. Tamén manteñen a moitos animais terrestres e dan protección ás costas.[2]
As marismas salinas estiveron historicamente en perigo por malas prácticas de xestión costeira, as súas terras foron utilizadas para usos humanos (agricultura, obras públicas, urbanismo...) ou contaminadas pola agricultura do interior ou outros usos industriais costeiros. Ademais, o aumento do nivel do mar causado polo cambio climático está poñendo en perigo moitas marismas por causa da erosión costeira e o asolagamento de antigas marismas de marea. Porén, os maiores coñecementos recentes dos científicos, ambientalistas e da sociedade sobre a importancia das marismas salgadas para a biodiversidade, produtividade ecolóxica e outros servizos que dan os ecosistemas, como o secuestro de carbono, levou a un aumento da restauración e conservación das marismas salinas sobre todo desde a década de 1980.