Arquitecta e artista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Marion Mahony Griffin, nada en Chicago o 14 de febreiro de 1871 e finada o 10 de agosto de 1961, foi unha artista e arquitecta americana. Foi unha das primeiras mulleres licenciadas arquitectas no mundo, e é considerada membro fundador da Prairie School.[1] Durante a súa vida, realizou algúns dos mellores deseños arquitectónicos en América e deseñou a entón nova capital de Australia, Camberra.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1871 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de agosto de 1961 (90 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | cemiterio Graceland 41°57′25″N 87°39′34″O |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Actividade | |
Ocupación | arquitecta, artista |
Familia | |
Cónxuxe | Walter Burley Griffin |
Marion Mahony Griffin naceu en 1871 en Chicago, foi a segunda filla e a irmá máis vella dos cinco fillos que sobreviviron de Jeremiah Mahony, un xornalista de Cork, Illa de Irlanda, e Clara Hamilton, unha mestra de escola. A súa familia mudouse á veciña Winnetka despois do grande incendio de Chicago. Ao medrar alí, quedou fascinada pola rápida conversión da paisaxe nas casas suburbanas que encheron esa zona. Estivo influenciada polo seu primeiro curmán, o arquitecto Dwight Perkins, e decidiu acrecentar a súa educación. Graduouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (M.I.T.) en 1894. Foi unha das primeiras mulleres que recibiron un diploma en arquitectura. Aínda que cun gran talento, ás veces tivo dificultades para atopar o seu lugar na sociedade e no seu campo profesional. Non estaba segura da súa habilidade para completar a tese requirida polo seu título de grao, mais o seu profesor, Constant-Désiré Despradelle, alentouna.[3]
Despois da graduación, Mahony traballou no estudo de arquitectura do seu curmán, que estaba situado en Steinway Hall en 64 E. Van Buren no centro de Chicago. O espazo estaba compartido con moitos outros arquitectos, incluíndo Robert C. Spencer, Myron Hunt, Webster Tomlinson, Irving Pond e Allen Bartlitt Pond, Adamo Boari, Birch Long e Frank Lloyd Wright. En 1895, Mahony, a primeira empregada contratada por Frank Lloyd Wright, traballou deseñando edificios, mobiliario, xanelas con vidreiras e paneis decorativos.[4] As súa fermosas representacións de acuarelas de edificios e paisaxes fixéronse coñecidas como unha base do estilo de Wright, aínda que ela nunca foi distinguida polo famoso arquitecto. Sobre un século máis tarde sería coñecida como un/ha das/os máis grandes delineantes do eido da arquitectura, mais durante a súa vida o seu talento foi visto como só unha extensión do traballo feito por homes arquitectos. Estivo asociada co estudio de Wright case quince anos e foi unha importante colaboradora da súa reputación, particularmente polo influente Wasmuth Portfolio, para o cal Mahony creou máis da metade dos numerosos proxectos. O crítico da arquitectura Reyner Banham dixo dela que era a/o "mellor delineante da súa xeración". O seu proxecto da Casa K. C. DeRhodes en South Bend, Indiana foi enxalzado por Wright logo da súa finalización e por moitos críticos.[5]
Wright subestimou as contribucións dos demais na Prairie School, Mahony incluída. Desafortunadamente, os puntos de vista da maioría dos historiadores da arquitectura desde 1950 ao 2000 seguiron o exemplo de Wright. Unha comprensión clara da contribución de Marion Mahony á contribución do Oak Park Studio veu do fillo de Wright, John Lloyd Wright, que dixo que William Drummond, Francis Barry Byrne, Walter Burley Griffin, Albert Chase McArthur, Marion Mahony, Isabel Roberts e George Willis eran as/os delineantes—os cinco homes e dúas mulleres que fixeron contribucións valiosas ao estilo de arquitectura Prairie polo que Wright se fixo famoso.[6] Durante este tempo Mahony deseñou a Gerald Mahony Residence (1907) en Elkhart, Indiana para o seu irmán e cuñada.[7]
Cando Wright fuxiu a Europa con Mamah Borthwick Cheney en 1909, ofreceulle o traballo do Estudio a Mahony. Ela declinou. Mais despois de que Wright se fose, Hermann V. von Holst, que collera os encargos de Wright contratou a Mahony coa estipulación de que ela levase o control do deseño.[8] Nesta función, Mahony foi a arquitecta de cantidade de encargos que Wright abandonara. Dous exemplos son o primeiro deseño (sen construír) para a mansión de Henry Ford Dearborn, Fair Lane e a Amberg House en Grand Rapids, Míchigan.
Mahony recomendou Walter Burley Griffin a von Holst para desenvolver o paisaxismo na área circundante ás tres casas encomendadas a Wright en Decatur, Illinois. Griffin era un compañeiro arquitecto, un compañeiro ex-empregado de Wright, e un dos principais membros da Prairie School de arquitectura. Mahony e Griffin traballaron no proxecto Decatur antes de casar; despois, Mahony traballou na práctica para Griffin. Rock Crest – Rock Glen en Mason City, Iowa, un proxecto con diversas casas de Walter Burley e Marion Mahory é considerado como o proxecto americano máis espectacular da década deste estilo e permanece como a maior colección de casas, nun contorno natural, no estilo Prairie.
Mahony e Griffin casaron en 1911, un matrimonio que durou 28 anos. As perspectivas en acuarela dos deseños de Walter para Camberra, a nova capital australiana, foron fundamentais para asegurar o primeiro premio na competición internacional para o plano da cidade. En 1914 a parella trasladouse a Australia para supervisar a construción de Camberra. Marion conseguiu a oficina de Sydney e foi responsábel do deseño dos seus despachos.[9] Foron os pioneiros do método de construción Knitlock, inexactamente emulado por Wright nas textile block house en California en 1920.
Máis tarde os Griffins puxeron en práctica na India e, en menos dun ano, Mahony supervisou alí o deseño de máis de cen edificios influenciados pola Prairie School.[10] Walter Griffin morreu na India en 1937 de peritonite tras unha colecistectomía. Mahony entón completou o traballo de ambos e volveu a Australia. Mahony e Griffin levaron o Prairie Style a dous continentes, lonxe das súas orixes. Mahony considerou a Louis Sullivan como o impulsor da filosofía da Prairie School. Pensou que o costume de acreditar a expansión do movemento explicou a súa morte precoz, nos Estados Unidos.[11]
Marion Mahony Griffin morreu en Chicago, á idade de 90 anos. Aínda que sobreviviu 24 anos á morte do seu marido, pouco fixo na súa ancianidade para avanzar aínda máis na súa propia carreira arquitectónica. "A única vez que se dirixiu a Illinois Society of Architects, non fixo mención do seu traballo, no seu lugar deu clases ao público de antrosofía, unha filosofía de coñecemento espiritual desenvolvida por Rudolf Steiner."[12]
Está enterrada no Cemiterio de Graceland, Irving Park Road & Clark Street, Chicago, con outros arquitectos notábeis: David Adler, Louis Sullivan, Daniel H. Burnham, Bruce Goff, William Holabird, Howard Van Doren Shaw e Ludwig Mies van der Rohe.
En 2015, déronlle o seu nome a praia de Jarvis Avenue en Rogers Park, Chicago. Ao volver aos Estados Unidos en 1939, despois da morte do seu marido, vivira preto da praia. O Cónsul Xeral Autraliano, Roger Price, asistiu á dedicatoria da praia á muller que foi fundamental no deseño da capital australina.[13]
O Block Museum de Northwestern University expuxo algúns dos seus traballos en 2015. En 2016-17, unha exhibición da súa obra está exposta no Elmhurst History Museum.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.