xogo infantil tradicional From Wikipedia, the free encyclopedia
A mariola, peletre[1] ou patefa[2] é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.
Para comezar a xogar só se necesita debuxar o campo de xogo e coller unha pedra para poder lanzala e xogar.
Dependendo das zonas, o campo debúxase de distintas formas. Na zona de Carnota, onde se coñece como pelete, debúxase un terreo de xogo onde se enumeran as casiñas do un ao nove, ou senón poñendo ceo nese cadro.
Para comezar, tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8), porase un pé en cada unha simultaneamente. Ao chegar á derradeira casiña, tamén dependendo das zonas, nunhas remátase o xogo e noutras séguese.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.