sistema de xestión de bases de datos de código aberto From Wikipedia, the free encyclopedia
MariaDB é o nome dunha comunidade de desenvolvedores derivados da base de datos MySQL con licenza libre GNU GPL creada por Michael Widenius (fundador de MySQL) despois de ser mercado MySQL por Oracle.
MariaDB | |
---|---|
Un dos logos de MariaDB | |
Autor orixinal | Michael Widenius |
Desenvolvedor(es) | MariaDB Foundation |
Publicación inicial | 22 de xaneiro de 2009 |
Última versión | 10.10.2 (17 de novembro de 2022) |
Repositorio | github |
Escrito en | C, C++, Perl, Bash |
Sistema operativo | (Unix, Windows, Solaris, Linux, MacOS, BSD)[1] |
Plataforma/s | Multiplataforma |
Lingua/s | inglés |
Tipo | RDBMS |
Licenza | GNU General Public License (versión 2) |
Sitio web | mariadb |
O sistema ten dous motores de almacenamento novos: Aria, que substitúe a MyISAM e XtraDB que substitúe a InnoDB. MariaDB mantén unha alta compatibilidade con MySQL xa que ten as mesmas ordes, interfaces, APIs e bibliotecas.
MariaDB emprega os números de versión, ata 5.5, seguindo a numeración de MySQL e as características son as mesmas.
MySQL tiña versión 5.0 á que seguiu a 5.5. MariaDB tivo versións 5.1, 5.2 e 5.3. Esas versións foron introducindo algunhas características, pero non tódalas funcións dispoñibles en MySQL 5.5.
Despois da versión 5.5, os desenvolvedores de MariaDB decidiron empezar unha nova rama numerando como 10. Este troco fíxose para deixar máis claro que MariaDB (no futuro) non importará tódalas características de MySQL 5.6 (porque algunhas delas non parecen ser o suficientemente estables para as normas de MariaDB).
As seguintes aplicacións teñen soporte oficial MariaDB:
En 2012 Wikipedia comezou a migración das súas bases de datos MySQL a MariaDB[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.