From Wikipedia, the free encyclopedia
Mare Ingenii (Mar do Enxeño) é un mar lunar que se atopa no hemisferio sur da cara oculta da Lúa.
Ten un diámetro de 318 quilómetros, e unha área duns 36.000 quilómetros cadrados (similar a superficie de Taiwán.[1][2]
Foi descuberto pola misión espacial soviética Luna 3, en 1959.[3]
O mar atópase na conca Ingenii. O material da conca é do período Pre-Nectárico, e o do mar é do período Ímbrico Superior.[4] Dentro do mar pódese distinguir o cráter Thomson, unha gran conca circular, tamén cuberta por material basáltico.[4] O cráter gris claro ao sur do mar é Obruchev. Cara ao nordés atópase o cráter Van De Graaff.