Marcha sobre Roma
From Wikipedia, the free encyclopedia
A marcha sobre Roma (en italiano Marcia su Roma) foi unha marcha organizada entre o 27 e o 29 de outubro de 1922 por Benito Mussolini, daquela dirixente do Partido Nacional Fascista, e que o levou ao poder do Reino de Italia. A marcha marca o final do réxime parlamentario e o comezo do réxime fascista, se ben o modo en que Mussolini se converteu en xefe de goberno estaba de acordo coa constitución italiana vixente, o Statuto Albertino. A ditadura entrou en vixencia máis adiante, co asasinato de Giacomo Matteotti e a prohibición de partidos da oposición.