Marcescente
Retención de follas mortas, que deberían caer, polas árbores / From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcescente (do latín marcescere: amurchar) é un termo empregado en botánica para describir a aquelas follas de árbores e arbustos caducifolios, que, tras rematar-lo período vexetativo e co cambio de cor da follaxe, permanecen na árbore na súa gran maioría durante toda a estación fría (outono e inverno) até practicamente a saída das novas follas na seguinte primavera cando lles nacen follas novas. A marcescencia tamén pode ser interrompida por condicións climáticas especiais que provocan que as follas caian durante o inverno por mor das xeadas ou do vento.[1]