Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga
mestras galegas que constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval[1]. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, ás sete da mañá[2] na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina[3][4][5].
A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á Arxentina.
A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España.