Mar de Célebes
mar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Célebes (ou mar de Sulawesi) (en malaio e indonesio, Laut Sulawesi) está situado na parte occidental do océano Pacífico. Está delimitado polo arquipélago de Sulu ao norte, co mar de Sulu, e a illa de Mindanao en Filipinas. Ao leste están as illas Sangi, ao sur a illa de Célebes e ao oeste a illa de Borneo. Ocupa unha área de 472 000 km², acadando profundidades de ata 6.200 m.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Mar de Célebes | |
---|---|
Laut Sulawesi | |
Localización administrativa | |
Estado | Indonesia Filipinas Malaisia |
División | Provincias de Kalimantan Oriental, Célebes Central, Gorontalo e Célebes Setentrional (IDN) Estado de Sabah (MAL) Rexións de Mindanao Musulmán, Península de Zamboanga (IX), SOCCSKSARGEN (XII) e Davao (XI) (FIL) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Sueste Asiático |
Arquipélago | Arquipélago Malaio |
Illa/s | Mindanao, Célebes, Borneo, illas Sangi e arquipélago de Sulu |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Sulu, mar de Filipinas, mar de Molucas e estreito de Macasar |
Características | |
Superficie | 472 000 km²[1] |
Lonxitude máxima | 840 km (E-O) |
Anchura máxima | 675 km (N-S) |
Profundiade máxima | 6 200 m |
Mapa | |
Localización do mar de Célebes | |
Localización do mar de Célebes | |
Pechar