![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Location_Malay_Archipelago_corrected.png/640px-Location_Malay_Archipelago_corrected.png&w=640&q=50)
Arquipélago Malaio
arquipélago situado entre a parte continental do Sueste asiático e Australia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O arquipélago Malaio, tamén coñecido como Sueste Asiático Marítimo, Sueste Asiático Insular ou Insulindia é un grande arquipélago situado entre a parte continental do Sueste asiático e Australia, entre os océanos Índico e Pacífico. O grupo, con máis de 25.000 illas, é o maior arquipélago do mundo por área. Inclúe territorios dos estados de Indonesia, Filipinas, Singapur, Brunei, Malaisia (a zona oriental) e Timor Leste. Nalgunhas definicións inclúese tamén a illa de Nova Guinea e iso implica engadir o estado de Papúa Nova Guinea.[1][2][3][4]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Location_Malay_Archipelago_corrected.png/320px-Location_Malay_Archipelago_corrected.png)