científica e química española From Wikipedia, the free encyclopedia
María Vallet-Regí, nada nas Palmas de Gran Canaria o 19 de abril de 1946, é unha investigadora e catedrática de Química Inorgánica e directora do departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense de Madrid.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1946 (78 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Profesora | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | química, farmacéutica |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Premios | |
| |
En 1974 obtivo o doutoramento en ciencias químicas na Universidade Complutense de Madrid. En 1990 foi nomeada catedrática de Química Inorgánica e directora do Departamento de Química Inorgánica e Bioinorgánica da Facultade de Farmacia de devandita universidade.
En 2004 foi nomeada académica da Real Academia de Enxeñaría[1] e en 2011 da Real Academia Nacional de Farmacia.[2]
Realizou unha extensa labor investigadora, marcada por un enfoque multidisciplinar, plasmada en máis de 550 publicacións científicas recollidas no ISI Web of Knowledge, a maioría nas áreas de química e ciencia de materiais. Segundo o ISI, é a española da área de Ciencia de Materiais máis citada nas dúas últimas décadas.[1][3]
A súa actividade investigadora céntrase no campo dos biomateriais con aplicacións en traumatoloxía, odontoloxía, enxeñaría de tecidos ou na liberación controlada de fármacos.[3][4]
Formou parte do Comité Reitor do Programa ‘Science for Peace’ da OTAN (1999-2005),[5] o Comité Nacional da CNEAI (2004-2008), e foi vicepresidenta da Real Sociedade Española de Química (1999-2007).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.