From Wikipedia, the free encyclopedia
María Sefidari Huici, nada en Madrid en 1982, é unha psicóloga, profesora e especialista en comunicación e cultura dixital española. Experta en xestión cooperativa e produción cultural en Internet e activista en coñecemento e cultura libre. Desde xullo de 2018 é presidenta da Fundación Wikimedia.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Sefidari Huici 1982 (41/42 anos) Madrid (España) |
Chair of the Wikimedia Foundation Board of Trustees (en) | |
19 de xullo de 2018 – 3 de xuño de 2021 ← Christophe Henner – Natalia Tymkiv → | |
Tesoureira (pt) Affiliations Committee (en) | |
2012 – 2013 | |
Vice-presidente (pt) Wikimedia España | |
2010 – 2012 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - psicoloxía |
Actividade | |
Ocupación | activista LGBT, wikimedista |
Empregador | Universidade Rei Xoán Carlos |
Membro de | Conselho Diretivo da Fundação Wikimedia (pt) (2016–2020) Conselho Diretivo da Fundação Wikimedia (pt) (2013–2015) Wikimulleres |
Familia | |
Cónxuxe | Laura Hale |
Licenciouse en Psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid, na que tamén estudou un mestrado en Comercio e Turismo. En 2014 foi bolseira do programa Techweek Women’s Leadership Fellows dedicado ao apoio do liderado de mulleres líderes emerxentes en negocios e tecnoloxía.[1] Desde 2015 é profesora do programa de Mestría en Comunicación Dixital, Cultura e Cidadanía da Universidade Rei Xoán Carlos.
Sefidari, coñecida en Wikipedia como Raystorm[2] empezou a contribuír nos proxectos Wikimedia sobre coñecemento e cultura libre en 2006.[3] Pouco despois lanzou o Wikiproxecto LGBT para dar visibilidade a estes colectivos e mellorar e organizar os contidos relacionados co tema, inspirándose nun proxecto similar na Wikipedia en lingua inglesa.[4]
En 2011 foi membro fundadora de Wikimedia España e primeira vicepresidenta da asociación,[5][6] e en 2015 de Wikimujeres, un grupo de usuarias de Wikimedia centrado na visibilización das mulleres e a eliminación do nesgo de xénero na Wikipedia.[7][8] No movemento Wikimedia formou parte de varios comités de goberno, entre eles o Comité de Afiliacións e o Comité de Gobernanza do Consello, onde exerceu como presidenta. Entre 2013 e 2015 foi membro da Xunta da Fundación Wikimedia. En 2016 reincorporouse á Fundación Wikimedia para cubrir unha vacante, e asumiu a vicepresidencia da organización. Foi confirmada como vicepresidenta para un segundo mandato en 2017.[8] Nestes anos participou en numerosos cursos de formación e eventos sobre coñecemento aberto e libre[9] e sobre a incorporación da diversidade e a igualdade de xénero nos contidos de Wikipedia.[10][11] En xullo de 2018 foi elixida presidenta da Fundación Wikimedia no 14º encontro anual de Wikimania.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.