From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel II Paleólogo, nado no 1350 e finado o 21 de xullo de 1425, foi emperador bizantino de 1391 a 1425 e fillo do emperador Xoán V Paleólogo. Con Helena Dragas, filla dun príncipe serbio, tivo sete fillos: Miguel (morto en 1406), Xoán, Teodoro, Andrónico, Constantino, Demetrio e Tomé.
Nome orixinal | (el) Μανουήλ Β´ Παλαιολόγος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xuño de 1350 Constantinopla |
Morte | 21 de xullo de 1425 (75 anos) Constantinopla |
Emperador bizantino | |
16 de febreiro de 1391 – 21 de xullo de 1425 ← Xoán V Paleólogo – Xoán VIII Paleólogo → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | político , escritor |
Lingua | Grego medieval (pt) |
Outro | |
Título | Emperador |
Familia | Dinastía Paleólogo |
Cónxuxe | Helena Dragaš (1392–1425) |
Fillos | Xoán VIII Paleólogo, Tomé Paleólogo, Zampia Palaiologina (en) , Demetrio II Paleólogo, Teodoro II Paleólogo, Andrónico Paleólogo, Constantino XI |
Pais | Xoán V Paleólogo e Helena Cantacuzena |
Irmáns | Andrónico IV Paleólogo, Teodoro I Paleólogo, Miguel Paleólogo (pt) e Irene Palaiologina (en) |
Cando morreu o seu pai, el era refén na corte otomá de Baiaceto I en Prussa (a actual Bursa), pero deu escapado. A continuación foi asediado en Constantinopla polo sultán, cuxa vitoria sobre os bizantinos na batalla de Nicópolis (25 de setembro de 1396) non lle permitiu, con todo, tomar a capital.
Manuel decidiu entón viaxar a Occidente persoalmente en busca de axuda, e con este fin visitou Italia, Francia, Alemaña e Inglaterra, sen éxito real. A vitoria de Tamerlán sobre os turcos na batalla de Ancara en 1402, e a morte de Baiaceto en 1403 permitíronlle un respiro ante a constante presión otomá. Mantivo boas relacións con Mehmed I, pero volveu ser asediado no seu capital por Murad II en 1422. Pouco antes da súa morte, viuse obrigado a asinar un acordo polo cal o Imperio bizantino se comprometía a pagar tributo ao sultán.
Manuel escribiu moitas obras de distinto tipo: teolóxicas, retóricas, poéticas, así como unha colección de epístolas.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán VII Paleólogo |
Manuel II Paleólogo | Precede a: Xoán VIII Paleólogo |
Dinastía Paleólogo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.