político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Cuíña Fernández, nado na Bandeira (Silleda) o 6 de agosto de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1966 (58 anos) A Bandeira, España |
Alcalde de Silleda | |
2013 – 2024 (dimisión) ← Paula Fernández Pena – Paula Fernández Pena → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Silleda |
Ocupación | político, transportista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Transportista autónomo de profesión, no ano 2007 concorreu como número dous na lista do PSdeG de Silleda para as municipais dese ano. Trala vitoria desta formación, saíu elixido concelleiro e foi nomeado tenente de alcalde. Desaloxado o goberno socialista do poder en outubro de 2009 tras unha moción de censura, foi de novo elixido concelleiro nas municipais de 2011 e tamén primeiro tenente de alcalde de Silleda tras recuperar os socialistas o goberno. Logo da dimisión da alcaldesa Paula Fernández, foi elixido alcalde de Silleda o 19 de xullo de 2013 como candidato da lista máis votada.[1] Nas eleccións municipais do 2015 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.[2] Volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta nas municipais do 2019.[3]
Nas municipais do 2023 logrou maioría simple e foi reelixido como cabeza da lista máis votada. Porén, dous meses máis tarde, en xullo de 2023, e logo dun pleno onde non conseguiu o apoio do BNG para a distribución de soldos e dedicacións, presentou a súa dimisión,[4] que retirou posteriormente. Dimitiu como alcalde o 12 de xaneiro de 2024 para ser o número seis da lista do PSdeG-PSOE de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2024.[5] Foi substituído por Paula Fernández Pena.[6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.