From Wikipedia, the free encyclopedia
A manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa" (en galego: Cataluña, novo estado de Europa) tivo lugar no centro da cidade de Barcelona durante a Diada de Cataluña de 2012. Foi organizada pola Asemblea Nacional Catalá; e a súa presidenta, Carme Forcadell, dixo que «o 12 de setembro, o Goberno deberá empezar a traballar pola Independencia de Cataluña».[1]
O número de participantes foi estimado en 1,5 millóns de persoas segundo a Garda Urbana e o Departamento de Interior, e 2 millóns segundo os organizadores, malia que a delegación do Goberno estimou a cifra en 600.000.[2] O centro da cidade estivo ateigado durante horas, e temeuse que a grande afluencia de persoas puidese colapsar a rede de telefonía móbil.[3][4] Moitos xornais e outras axencias de noticias describírona como unha "histórica" demostración, e considerárona como a meirande manifestación que se celebrou en Cataluña dende a restauración da democracia en España,[5][6][7][8] superando outras grandes manifestacións como a do 10 de xullo de 2010, na que participaron un millón de persoas.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.