![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/Mandril.jpg/640px-Mandril.jpg&w=640&q=50)
Mandril
From Wikipedia, the free encyclopedia
O mandril[3] (Mandrillus sphinx) é un primate da familia Cercopithecidae,[4] relacionado co babuíno e máis estreitamente co dril. O seu hábitat natural atópase no Camerún, Gabón, Guinea Ecuatorial e a República do Congo. Os mandrís viven principalmente na selva tropical e nas zonas de confluencia coa sabana. Teñen unha dieta omnívora que se compón de froitas e insectos. A súa época de apareamento ten lugar dende xuño ata outubro.
Mandril | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Mandrillus sphinx' (Linnaeus, 1758)[2] | |||||||||||||||
![]() Distribución do mandril |
Tanto o mandril coma o dril foron outrora clasificados como babuínos dentro do xénero Papio, pero investigacións recentes determinaron que deberían ser separados no seu propio xénero, Mandrillus.[4] Charles Darwin escribiu en The Descent of Man que "ningún outro membro da clase dos mamíferos está coloreado dun xeito tan extraordinario coma o está o adulto macho de mandril."[5] A especie está clasificada como vulnerable pola IUCN.