![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Map_of_Manchukuo_divisions_zh-hant.svg/langgl-640px-Map_of_Manchukuo_divisions_zh-hant.svg.png&w=640&q=50)
Manchukuo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Manchukuo, oficialmente o Estado de Manchuria antes de 1934, e o Imperio de Manchuria após 1934, foi un estado monicreque do Imperio do Xapón no nordeste da China e en Mongolia Interior dende 1932 até 1945. Foi fundado como república en 1932 despois da invasión xaponesa de Manchuria, e en 1934 converteuse nunha monarquía constitucional. Baixo o control de facto do Xapón, tivo un recoñecemento internacional limitado.
满洲国 (zh-hans) ![]() | |||||
Himno | Hino Nacional de Manchukuo (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Cinco Raças Sob Uma União (Manchukuo) (pt) ![]() ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Manchuria ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Changchun Hsinking (en) ![]() Linjiang (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua chinesa lingua xaponesa ![]() | ||||
Relixión | Confucianismo, budismo e Xintoísmo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.554.000 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de marzo de 1932 ![]() | ||||
Disolución | 2 de setembro de 1945 ![]() | ||||
Sucedido por | Ocupação soviética da Manchúria (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unipartidismo monarquía dual monarquía constitucional ![]() | ||||
• Emperor of Manchukuo (en) ![]() ![]() | Puyi ![]() | ||||
Órgano executivo | General Affairs State Council (en) ![]() ![]() | ||||
• Prime Minister of Manchukuo (en) ![]() ![]() | Zheng Xiaoxu (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Legislative Council of Manchukuo (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Yuan de Manchukuo (pt) ![]() ![]() | ||||
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A área era o fogar do pobo manchú, ao cal pertenceron os emperadores da dinastía Qing. En 1931, a rexión foi tomada polo Xapón despois do incidente de Mukden. Un goberno proxaponés foi instalado un ano despois con Puyi, o derradeiro emperador Qing, primeiro como rexente nominal e posteriormente como emperador.[1] O goberno de Manchukuo foi disolto en 1945 despois da rendición do Imperio Xaponés e o remate da segunda guerra mundial. Os territorios reclamados por Manchukuo foron tomados por primeira vez na invasión soviética de Manchuria en agosto de 1945,[2] e logo foron transferidos formalmente á administración chinesa no ano seguinte.[lower-alpha 1]
Os manchús formaban unha minoría en Manchukuo, cuxo meirande grupo étnico eran os chineses han. A poboación de coreanos incrementouse durante o período Manchukuo, así o número de xaponeses, mongois, rusos brancos e outras minorías. As rexións mongois do oeste de Manchukuo estaban gobernadas baixo un sistema lixeiramente diferente en recoñecemento das tradicións mongois alí presentes. A parte meridional da península de Liaodong (no presente Dalian) foi gobernada directamente polos xaponeses como o territorio de Kwantung até o remate da segunda guerra mundial.