![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c2/Irulegiko_eskua_-_Nafarroako_Gobernuaren_irudi_galeria_16.jpg/640px-Irulegiko_eskua_-_Nafarroako_Gobernuaren_irudi_galeria_16.jpg&w=640&q=50)
Man de Irulegi
artefacto arqueolóxico vascón / From Wikipedia, the free encyclopedia
A man de Irulegi (en éuscaro: Irulegiko eskua)[1] é un obxecto arqueolóxico atopado nun poboado da Idade de Ferro, século -I, situado ao pé das ruínas do castelo de Irulegi en Lakidain, no concello de Aranguren, preto de Pamplona, en Navarra.
![]() | |
Material: | Bronce |
---|---|
Peso: | 35,9 gr |
Medidas: | 143,1 x 127,9 x 1,09 mm |
Ano da descuberta: | 2021 |
Lugar: | Aranguren, ![]() |
Data: | século -I |
Civilización: | Vascóns |
Trátase dunha placa de bronce en forma de man estendida en cuxo dorso figura unha inscrición de catro liñas escrita, segundo os expertos, en antigo aquitano (tamén chamado vascónico),[2] xa que a primeira palabra puido traducirse por comparación coa lingua éuscara actual. Foi atopada en 2021 e presentada ao público en novembro de 2022, causando grande expectación por ser a inscrición máis antiga atopada neste idioma. O poboado, escavado e estudado pola Sociedade de Ciencias Aranzadi baixo a dirección de Mattin Aiestaran, foi incendiado no contexto da guerra sertoriana.