A mastite[1] ou mamite[2] é un termo médico que se refire á inflamación da glándula mamaria de primates e a ubre noutros mamíferos. Dáse por unha obstrución dos condutos do leite. A mastite pode ser chamado tamén absceso subareolar, ectasia ductal, inflamación periductal ou doenza de Zuska.[3] Denomínase mastite puerperal cando ocorre en nais lactantes e non-puerperal no resto dos casos. A mastite raramente ocorre en homes ou animais machos. Pola súa similitude cos síntomas do cancro de mama, débese excluír un para o diagnóstico do outro.

Datos rápidos MedlinePlus ...
Mastite
Clasificación e recursos externos
Thumb
MedlinePlusmastitis
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Pechar

A mastite é unha condición adoita en medicina veterinario, tomando nese campo, unha definición similar. Xeralmente afecta o gando bovino, causado por unha bacteria, endurecendo as mamilas do animal, do mesmo xeito que a ubre, cortando a subministración de leite e no seu lugar segregando un líquido amarelado e oloroso que a maioría das veces acompáñase de residuos de sangue. É quen de provocar a morte en casos moi severos.

Os microorganismos máis frecuentemente asociados a unha mastite son os estreptococos do grupo B, o Staphylococcus aureus e especies non tuberculosas do xénero Mycobacterium en humanos e o Arcanobacterium pyogenes que produce unha mastite bovina transmitida por moscas.

Epidemioloxía

A mastite ocorre entre o 1 e o 3 % das mulleres que aleitan ós seus fillos.[4]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.