Malabarismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os malabarismos[1] son a arte de manipular e representar espectáculos cun ou máis obxectos á vez, xirándoos, equilibrándoos ou lanzándoos alternativamente ao aire, normalmente sen deixalos caer ao chan. Os malabares son coñecidos pola súa dificultade e beleza visual, e para iso é necesaria unha certa habilidade psicomotriz por parte da persoa que o realiza, que se chama malabarista. Para iso, o malabarista utiliza diversas partes do corpo, principalmente as mans, pero tamén os pés, os brazos e/ou a cabeza. Os malabares son unha das atraccións clásicas nos distintos tipos de circo.[2] Os complementos máis habituais son as bólas, os paus ou os aneis. Algúns malabaristas usan obxectos máis dramáticos, como coitelos, fachos ou motoserras.