Maiorana
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
A maiorana[1] (Origanum majorana) é unha herba perenne da familia lamiaceae, cultivada polo seu uso aromático, que lembra ao do piñeiro e aos cítricos. O seu hábitat natural é o leste de Asia e a rexión mediterránea, o seu cultivo está moi estendido na Península Ibérica onde vexeta en zonas asolladas e secas.
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Maiorana | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Origanum majorana L. |
Pechar
Os matos acadan un talle duns 60 cm. de altura, algo lígneos na base, follas aovadas, enteiras, abrancazadas e lanuxinosas.
As miúdas flores labiadas xorden reunidas en franzas terminais, adoitan ser brancas ou rosadas. As sementes son redondas, miúdas e avermelladas.