![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Se-map.gif/640px-Se-map.gif&w=640&q=50)
Mahé
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mahé é a illa máis grande (155 km²) de Seychelles, situada no nordeste da nación. A poboación de Mahé é de 72.000 habitantes. Nela está a capital, Port Victoria, e un 90% da poboación total do país. A illa foi chamada Mahé de Labourdonnais, o gobernador de Illa Mauricio.
Mahé | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | Port Victoria |
País | Seychelles |
Localización | Océano Índico |
Arquipélago | Seychelles |
Linguas | |
Poboación (2007) | 72.000 hab. |
Superficie | 155 km² |
Densidade | 464 hab./km² |
Coordenadas | 4°40′S 55°28′L |
Maior Altura | 905 m Morne Seychellois |
Localización | |
![]() | |
O pico máis alto de Mahé é Morne Seychellois con 905 m., situado no Parque Nacional de Morne Seychellois. A maioría dos habitantes da illa e o aeroporto internacional (aberto en 1971) atópanse na parte norte e leste da illa. Na parte sur e oeste atópanse o Parque Nacional Baie Ternay e o Parque Nacional Port Launay Marine.
Mahé foi avistada por primeira vez polos británicos en 1609, e non volveu ser visitada polos europeos ata 1742. Mahé converteuse en posesión francesa ata 1814, cando pasou a ser colonia inglesa. Continuou sendo colonia ata 1976, cando Seychelles converteuse nunha nación independente.