especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnolia[1], é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas).
Magnolia yulan | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pistilos e estames da magnolia | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Magnolia denudata Desr. |
Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais. En Galicia é común en xardinaxe, de feito é a magnolia máis plantada de folla caediza.
É orixinaria do leste e do centro da China. Foi cultivada en templos chineses budistas dende o 600 a. C. As súas flores téñense evocado coma un símbolo de pureza na Dinastía Tang e foi plantada nos xardíns do palacio do Emperador. É a flor oficial da cidade de Shangai.
Arboriña caducifolia moi ramalluda, que apenas acada os 15 m de altura. É un chisco arredondada, moi escamada, de textura grosa. O toro e as pólas son moi vistosas, a casca é magra, e se dana facilmente co impacto mecánico. As follas son ovais, verde brillantes, de 15 cm lonxitude e 8 cm de largo, co baseamento cuñado e o ápice sagaz. Limbo de face superior verde e cara inferior máis pálida e pubescente. As flores de cor branca marfil, de 10–16 cm de diámetro, con 9 tépalos cóncavos, grosos. Aparecen antes que as follas, agomando cedo en toda a primavera, cunha intensa e agradábel fragrancia a limón, tornándose despois marróns, sen on hai xeadas. Froitos erectos, marróns, fusiformes, alongados, de 8–12 cm de lonxitude, as sementes son de cor vermella brillante. É semellante a outras magnolias que moran en solos ricos, húmidos, e protexidas de climas extremos, polo que a adaptación ás condición galegas é moi boa.[2][3]
Multiplícase por porbaixas. Atura ben o frío e necesita solos de tipo medio non alcalinos. Cultívase a pleno sol ou a media sombra. Utilízase en xardinaxe illado ou en grupos, destacando a súa floración antes de que aparezan as follas. Para un correcto desenvolvemento das árbores novas aconséllase unha fertilización a finais do inverno ou a comezos da primavera cando comezan a abrollar as follas.
A rega debe ser frecuente nos veráns, especialmente no sur de Galicia, evitando deixar secar completamente o substrato. Necesita gozar de moitas horas de luz solar directa ao día para un bo desenvolvemento, plantar nun lugar abeirado, aínda que atura ben as xeadas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.