Magneta Lane é unha banda canadense de rock alternativo procedente de Toronto, Ontario e formada no ano 2003. Os seus tres membros son mulleres, Lexi Valentine (voces e guitarra), Nadia King (batería) e French (baixo). O grupo recibiu boas críticas co seu álbum de estrea The Constant Lover. O seu primeiro sinxelo, tamén titulado "The Constant Lover", e o segundo, "Ugly Socialite", emitíronse frecuentemente nas canles MTV, VH1 e MuchMusic.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Magneta Lane
Thumb
OrixeToronto, Ontario, Canadá
Período2003 - presente
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Last Gang Records
MembrosLexi Valentine
French
Nadia King
Na rede
magnetalane.com
Facebook: magnetalane Youtube: UCkpDvQ5NCWHE8xYtzDKKGfA Musicbrainz: b1a56779-c7a9-4a45-b299-9f90e14f9ead Songkick: 549029 Discogs: 913503 Allmusic: mn0000407287 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Historia

A banda formouse no outono de 2003 e pasaron o ano seguinte realizando concertos na zona de Toronto. Dende entón foron entrando nas distintas escenas independentes internacionais. O seu son ten sido comparado co de The Strokes, The Runaways e The Pretenders, e ten influencias de Nancy Sinatra, Sonic Youth, The Kinks, Hole e The Cardigans.

Editaron os seus álbums The Constant Lover e Dancing with Daggers a través do selo independente de Toronto Paper Bag Records. Ámbolos dous tiveron éxito e permitíronlles xiras polo Canadá, os Estados Unidos, o Xapón e parte de Europa. Posteriormente, o grupo asinou un contrato con Last Gang Records e editou Gambling with God no Canadá o 15 de setembro do 2009.

Lexi apareceu como vocalista convidada nos temas de Tokyo Police Club "Nature Of The Experiment", de K-os "Fun" e de Neverending White Lights "Black Is The Colour Of My True Love's Heart".

Tras Gambling with God, a banda pasou por dificultades e estivo desaparecida por un tempo ata regresar en 2013 co EP Witchrock. Este traballo foi publicado a través da nova discográfica creada polo propio grupo, Splendor House, sendo distribuído por eOne Music.

A música de Magneta Lane apareceu na banda sonora das series The L Word e Lost Girl e da película CAKE.

Discografía

Máis información Álbum, Ano ...
ÁlbumAnoSeloNotas
The Constant Lover2004Paper Bag RecordsEP
Dancing with Daggers2006Paper Bag Records
Gambling with God2009Last Gang Records
Witchrock2013eOne MusicEP
Pechar

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.