Macizo das Gavarres
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Les Gavarres ou macizo das Gavarres é unha aliñación montañosa da Cordilleira Litoral situada no nordés de Cataluña, formando un arco que marca os límites xeográficos meridionais da chaira do Empordà. O macizo constitúe, xunto coas montañas de Begur, o extremo setentrional da Cordilleira Litoral.
Tipo | Macizo espazo natural protexido Pla d'Espais d'Interès Natural | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Cordilleiras Costeiras Catalás | |||
Localización | ||||
División administrativa | provincia de Xirona, España | |||
| ||||
Cordilleira | Cordilleira Litoral | |||
Características | ||||
Altitude | 532 m 533 m | |||
Dimensións | 21 () km | |||
Material usado | Calcaria | |||
Superficie | 350 km² 28.868,76598 ha | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 389118 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1992 | |||
Ten a forma dun grande arco que se abre cara ao norte, entre as comarcas do Baix Empordà e o Gironès, e cunha extensión duns 350 km², repartidos entre vinte concellos: Calonge, Castell-Platja d'Aro, Corçà, Cruïlles, Monells i Sant Sadurní de l'Heura, Forallac, la Bisbal d'Empordà, Mont-ras, Palafrugell, Palamós, Santa Cristina d'Aro, Torrent e Vall-llobrega na comarca do Baix Empordà, e Cassà de la Selva, Celrà, Juià, Llagostera, Llambilles, Madremanya, Quart, Sant Martí Vell e Xirona na comarca do Gironès.
En 1998 fundouse o Consorci de les Gavarres, con representación de varios concellos da zona, para protexir e xestionar este espazo de interese natural, declarado como tal no marco do Pla d'Espais d'Interès Natural dende 1992.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.