Maceira, Lalín
parroquia civil do concello de Lalín From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Lalín From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Maceira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2010 tiña 123 habitantes (63 mulleres e 60 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.
Maceira | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Maceira. | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°39′24″N 8°04′08″O |
Área | 11,7 km² |
Poboación | 117 hab. (2017) |
Densidade | 10 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia naceu o pintor Antón Lamazares.
Esta regada polos regatos Ribadeiro e Saldorio e destaca pola súa altura o monte O Penedo de 750 m.
Hai mámoas en Rodelas, Costa das Seixas e Cota da Mamoela.
O castro de Maceira está recollido no inventario da Xunta de Galicia, e menciónase localización de restos materiais durante a explanación dos terreos para a construción dunha granxa. Dado que non se fixeron estudos específicos, tampouco se pode precisar o grao de destrución, pois poden existir elementos no subsolo.[2]
Lugares da parroquia de Maceira no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.