MGMT (proteína)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A O6-metilguanina ADN metiltransferase (MGMT), tamén chamada O6-alquilguanina ADN alquiltransferase (AGT ou AGAT) é unha proteína que nos humanos está codificada no xene MGMT do cromosoma 10.[1][2] A O6-metilguanina ADN metiltransferase é esencial para a estabilidade do xenoma. Repara as lesións no ADN mutaxénicas que ocorren de forma natural que orixinan O6-metilguanina (tamén chamada 6-O-metilguanina), converténdoa de novo en guanina e impide a discordancia e os erros durante a replicación do ADN e a transcrición. En consecuencia, a perda de MGMT incrementa o risco de cancro en ratos despois da exposición a axentes alquilantes.[3] Os dous isocimas bacterianos equivalentes son Ada e Ogt.
Este artigo trata sobre un xene e proteína. Para o grupo musical homónimo véxase: MGMT.
MGMT | |
Identificadores | |
Símbolo | MGMT |
Símbolos alt. | Mgmt, AGT, AI267024, Agat |
Entrez | 4255 |
RefSeq | XP_005252739.1 |
UniProt | P16455 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 10 :(129.47 – 129.77 Mb) |