Cromosoma 10
cromosoma humano / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cromosoma 10 humano é un cromosoma que forma parte dun dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas células diploides temos normalmente dúas copias deste cromosoma autosómico e nas haploides só unha. Pola posición do seu centrómero é un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 10 abrangue uns 135 millóns de pares de bases, o que representa entre o 4 e o 4,5 % do total de ADN da célula.
Cromosoma 10 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 10 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 10 humano nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 133,797,422 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 706 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Submetacéntrico[3] (39.8 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 10 |
Entrez | Cromosoma 10 |
NCBI | Cromosoma 10 |
UCSC | Cromosoma 10 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000010 (FASTA) |
GenBank | CM000672 (FASTA) |
A identificación de xenes á unha área moi activa da investigación xenética e pode realizarse seguindo varios métodos, polo que as cifras de xenes estimados dun cromosoma poden variar segundo o método utilizado. Estímase que o cromosoma 10 probablemente contén entre 800 e 1.200 xenes.[5]
No cromosoma hai gran cantidade de xenes codificantes solapados e identificáronse 67 transcritos antisentido.[6]