From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo pectíneo (musculus pectineus), é un músculo forte, plano e cuadrangular da perna, en forma de pente; de aí o seu nome[1]. Atópase ao nivel da ingua, e esténdese dende o óso coxal até o fémur, tanto en humanos como noutros animais mamíferos, como os cans por exemplo.[2]
Pectíneo | |
---|---|
Gray's | subject #128 472 |
Orixe | columna pubiana |
Inserción | liña de pectina do fémur |
Vascularización | arteria obturadora |
Innervación | nervio obturador |
Accións | cruzamento das pernas |
Xunto cos músculos adutores da perna (adutor maior, longo e curto) moven a coxa de fóra para dentro nun movemento chamado adución.[3] Son músculos que permiten o movemento de cruzar a perna sobre a outra.
As insercións superiores ou posteriores trazan unha liña lixeiramente horizontal, desde a columna pubiana, a través da crista da pectina e o ligamento pectíneo por riba da crista,[4] despois o labio anterior do suco obturador e a cara profunda da fascia que cobre este músculo.
A inserción inferior realízase na liña de trifurcación medial da liña rugosa do fémur,[5] por debaixo do trocánter menor, na chamada liña de pectina do fémur.
A innervación é por unha rama muscular do nervio femoral (nervio musculocutáneo interno)[6] (L2, L3), e ocasionalmente polo nervio obturador.[7]
A súa irrigación arterial provén da arteria obturadora, unha rama da arteria ilíaca interna.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.