From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo maseter[1][2][3] é un músculo da faciana, que se atopa na superficie externa no óso maxilar inferior. Trátase dun músculo curto, con tres planos: superficial, medio e profundo.
Maseter | |
---|---|
Disección que amosa as glándulas salivares do lado dereito (Maseter visible no centro) | |
Latín | musculus masseter |
Gray's | subject #109 385 |
Orixe | Arco cigomático e maxilar superior |
Inserción | Apófise coronoide e ramo da mandíbula |
Vascularización | Arteria masetérica |
Innervación | Nervio mandibular (V3) |
Accións | elevación (no fechamento da boca) e retracción da mandíbula |
Antagonista | Músculo platisma |
A nivel superior, este músculo insírese no arco cigomático.
A nivel inferior, insírese na mandíbula, na súa superficie externa.
A superficie interna deste músculo relaciónase cun paquete vasculonervioso, o maseterino. Tamén está en contacto coa apófise coronoide do maxilar inferior e co músculo buccinador e coa bolsa adiposa de Bichat.
A superficie externa relaciónase cos vasos que percorren a faciana: arteria transversa da faciana. Tamén cos músculos cutáneos da faciana e co conduto de Stenon, procedente da glándula parótide.
É innervado por unha rama colateral do nervio mandibular ou terceira rama do trixémino (V3), e vascularizado pola arteria masetérica, rama da maxilar interna.
É un dos músculos mastigadores, cuxa acción é a de elevar a mandíbula e levala cara a atrás.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.